Comeza aquí
Non fai falta ser técnico para te protexeres. Esta é a orde que recomendamos se queres poñerte ao día co teu correo, o teu móbil, os teus contrasinais e a túa familia, paso a paso e sen présa. Cada entrega engádese á lista en canto está publicada.
- 1Contrasinais e xestores de contrasinais proximamente
O cambio individual que máis reduce o teu risco: un contrasinal distinto para cada sitio, sen ter que memorizalos.
- 2Verificación en dous pasos proximamente
Onde activala primeiro (correo, banca, redes) e por que a app de códigos é mellor opción có SMS.
- 3Phishing por SMS e WhatsApp proximamente
O paquete retido, a multa da DXT, o aviso de Facenda: como recoñecer o engano máis común en España.
- 4Precisas un antivirus no teu ordenador persoal?
Se o que xa trae o teu equipo abonda, cando compensa pagar por outro, e como comprobar ti mesmo unha web ou un ficheiro.
- 5Copias de seguridade sen te complicares proximamente
A regra 3-2-1 en versión doméstica: a única defensa real contra o ransomware.
- 6Actualizacións: por que ese "mañá" che vai custar caro proximamente
A maioría das infeccións aproveitan fallos que xa tiñan parche dispoñible desde hai meses.
- 7WiFi públicas e VPN: que é mito e que non proximamente
Canto medo real dá conectarte nun hotel ou nunha cafetaría, e cando si fai falta unha VPN.
- 8O móbil: permisos, apps e que non instalar proximamente
Que revisar nos permisos das túas apps e que tipo de aplicacións convén evitar.
- 9Hackeáronme o correo ou Instagram: guía de emerxencia proximamente
Os primeiros pasos, en orde, se cres que alguén entrou nunha das túas contas.
- 10Compras online e estafas de segunda man proximamente
Wallapop, Vinted, Bizum: os timos máis repetidos e como detectalos antes de pagar.
- 11Como saber se os teus datos están nunha filtración
Ferramentas para comprobar se o teu correo ou o teu contrasinal aparecen nalgunha brecha coñecida.
- 12Como axudar aos teus pais con isto sen desesperar proximamente
A guía para lle explicar todo o anterior a quen non ten por que sabelo, con paciencia.
Xa sabes isto? Consulta todos os artigos da categoría en Ciberseguridade persoal.