Glosario
Zero Trust (Confianza Cero)
Un principio de seguridade que non dá por segura a ningunha persoa ou dispositivo por defecto: verifica cada acceso, veña de onde veña.
Zero Trust, “confianza cero”, é unha forma de pensar a seguridade que rompe coa vella lóxica do “castelo”: todo o que está dentro do perímetro é de fiar, todo o que vén de fóra é sospeitoso. Zero Trust asume xusto o contrario: nada é de fiar por defecto, nin sequera o que xa está “dentro”.
Na práctica, isto significa que cada vez que alguén quere acceder a un recurso —un documento, unha aplicación, un servidor— compróbase de novo quen é, desde que dispositivo se conecta e se realmente precisa ese acceso concreto. Non se dan as chaves de toda a casa por ter entrado unha vez pola porta principal; ábrese, como moito, o cuarto que toca en cada momento.
A vantaxe é que limita moitísimo o dano se algo falla: se rouban o contrasinal dun empregado, o atacante non herda automaticamente acceso a todo, só ao mínimo que ese usuario tiña permitido.
É un dos principios sobre os que se constrúe SASE, que aplicamos con máis detalle en SASE? Sa que?.

